Actividades de Bici Escola Galicia



Curso para aprender a andar en bicicleta: destinado a todas aquelas persoas que nunca tiveron a oportunidade de subirse a unha bicicleta, ou a aquelas que o intentaron algunha vez sen éxito. Trátanse de clases persoalizadas e individuais onde se traballa o equilibrio, a confianza e o dominio da bicicleta.


Xornada de recordo: para aquelas persoas que xa saben andar en bicicleta pero que fai moito tempo que non o practican. Basease nunha sesión de 1,45 h onde se traballan técnicas de conducción e maniobras básicas.


Rotas guiadas por Compostela: coñece da man dun guía os mellores recorridos para moverse pola cidade coa maior seguridade. Tamén se explorarán aquelas rotas máis salvaxes das rúas compostelanas.


Rotas guiadas polos arredores de Compostela:  coñece os mellores lugares preto de Santiago onde perderte coa túa bicicleta. Propoñémoste a mellor maneira de pasar unha xornada agradable coñecendo a natureza do entorno compostelano da man dun guía especializado en flora e fauna autoctonas.


    











No hay comentarios:

Publicar un comentario