lunes, 3 de abril de 2017

¿Que é BiciEscola Galicia?

BiciEscola é unha iniciativa personalizada que nace do desexo de que todas aquelas persoas que sempre desexaron aprender a andar en bicicleta podan facer realidade o seu soño.



Cun sinxelo e rápido método, en 5 sesións poderás desfrutar do gran placer que é andar en bicicleta.

Cada un ao seu ritmo e desfrutando do proceso de aprendizaxe, a nosa metodoloxía non é outra que a de pasalo ben!


Non importa a idade que teñas, se eres pequeno ou grande, se xa o intentaches outras veces e non o conseguiches, ou se nunca te atreviches a facelo, o que importa e que teñas ganas, o resto facémolo nos.

Ademais, non é preciso que teñas unha bicicleta, iso corre pola nosa conta, así que a qué esperas... ANÍMATE!!

E para tod@s aqueles que xa desfrutades de ir en bici ainda temos máis que ofrecer!! Consultade as nosas ofertas de actividades e a pedalear xunt@s!!